CARMEN CUBELA

Mestra, nai, loitadora e xenerosa. A muller como peza clave da transmisión do coñecemento, da formación e da educación.

A figura que fai referencia á mestra Carme Cubela e na que poderían sentirse reflexadas todas as docentes, está pintada á altura da entrada do CEIP Nosa Señora das Dores.

Esta figura sitúase ao carón dunha rapaza, acompañada dunha silva con moras (referencia á infancia), e que recibe por parte dun paxaro outra froita que encontramos nos montes de Forcarei, unha rama de arandos que tamén aparecen debuxados na figura da mestra. A trasmisión dos coñecementos que nos fan máis libres.

Fotografías de Carmen Cubela con Chano Piñeiro e cos seus fillos (imaxen a cor). Cortesía da su filla Carmen Gómez Cubela e Francisco Rozados

“A RAIÑA DAS CRISÁLIDAS” Artículo de RITA BARREIRO dedicado a CARMEN CUBELA Revista Cotaredo, nº 14, 2011

Cortesía de Francisco Rozados “Rochi” fundador e coordinador de “Cotaredo”, revista cultural e turística do concello de Forcarei .